Hoxe, 23 de abril é o Día do Científico Galego. A data elexiuse porque foi cando o BOE publicou a constitución oficial da Real Academia Galega de Ciencias hai 36 anos. Este ano, o Padre Feijoo é o homenaxeado e hai previstas actividades adémicas para recuperar a súa figura. O pleno da Academia destacou del o seu espírito aberto e valente en defensa dos fundamentos do que había de ser a ciencia actual, entón incipiente, e polo seu esforzo por instruír á sociedade, tratando de clarificar unha serie de falsas crenzas e prácticas populares á luz dos devanditos principios.
A Fundación Barrié(Pazo de San Roque, Santiago de Compostela) hoxe participa na celebración do acto de homenaxe que inclúe unha versión para escolares de mañá e outra un acto académico de tarde. Será neste no que o prior da Real Abadía de Samos José Luis Vélez Álvarez O.S.B. ofrecerá unha "Semblanza persoal do Padre Feijoo" e a Catedrática de Literatura Española Inmaculada Urzainqui Miqueleiz falará de "Seguir a ciencia europea. Feijoo e o periodismo cultural"