A mudanza segundo Riechmann

O profesor de Filosofía moral abordou a problemática da sustentabilidade no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Cara unha cultura da sustentabilidade (valores, cambio cultural e ecosocialismo no Século da Gran Proba) foi o título da intervención que desenvolveu o pasado xoves 11 de abril Jorge Riechmann no Consello da Cultura. O ensaísta, poeta, profesor de Filosofía moral e referente no ecosocialismo participou no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) a reflexionar sobre a necesidade de mudanzas estruturais para asegurar a sustentabilidade. "Non son os ecosistemas os que están a dar problemas, senón as sociedades humanas as que están a chocar violentamente contra os límites biofísicos do planeta", sinalou. Agora, podes ver a suá conferencia íntegra vía Youtube.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos