O Consello da Cultura Galega publicou hoxe Cultura, sentido e polÃtica, o segundo volume que compilas as conferencias impartidas por destacados expertos en diferentes ámbitos entre 201 e 2017 no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s). O libro xunta 24 contribucións encabezadas polo coordinador do ciclo, o catedrático de Ciencia PolÃtica Ramón Máiz, quen no seu texto introduce a idea da cultura como un fenómeno cambiante, en constante discusión e redefinición. E, para iso, os textos conteñen debates ao redor da sustentabilidade, o xénero, o humor, a confluencia entre historia e literatura, ps populismos, as emocións na polÃtica, os sÃmbolos da nación e os museos da memoria, as relacións entre ciencia e relixión ou os refuxiados como un problema polÃtico. Nel participaron figuras como Isabel Burdiel, Joep Leersen, Lisa Weeden, Victoria Camps, Francisco Panizza, entre moitos outros. Cada xoves, o CCG irá presentando tamén as conferencias en vÃdeo, que inclúen ademais os debates co público. Hoxe comeza con Jorge Riechmann reflexionando sobre sustentabilidade. O libro Cultura, sentido e polÃtica pode descargarse de balde no web do CCG.