Disco Las Palmeras! lanza Ultra

O grupo toca esta noite no marco do ciclo Compostela Rock

11/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Ultra

A discográfica Matapadre acaba de lanzar ao mercado Ultra o segundo CD de Disco Las Palmeras! Once temas cheos de potentes guitarras nos que o grupo desenvolve as súas letras e mantén o característico son sen baixo. Diego Castro é o único membro da formación orixinal que se mantén, acompañado agora por José Castro e Julián Goicoa. Gravado nos Estudios Planta Sónica de Vigo, o volume foi masterizado nos Avatar Studios de Nova York. O grupo anunciou que para a vindeira semana colgarán o disco íntegro na rede. Mentres, Disco Las Palmeras! darán un concerto esta mesma noite na Zona C de Santiago canda a Telephones Rouges como parte do ciclo Compostela Rock.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Nova York, Vigo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)