Galaxia aposta por un libro-DVD para dar a coñecer a Vidal Bolaño

Presenta Un chapeu negro e un nariz de pallaso

9/4/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2013teatro
16 lecturas | Compartido 0 veces

Un documental de Gonzalo Enríquez Veloso e mais un texto de Montse Pena Presas son a proposta que fai a editorial Galaxia para coñecer a Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado no Día das Letras desde ano. Un chapeu negro e un nariz de pallaso preséntase como libro-DVD, no que a parte audiovisual amosa a personalidade do homenaxeado mediante entrevistas á súa familia e amigos. Pola súa banda, a parte textual da obra analiza os principais riscos da obra do autor de xeito lúdico e rigoroso.

Universo culturagalega.gal

14/05/2013

Enredados con RVB

A rede volcase en descubrir a Roberto Vidal Bolaño a propósito do Día das Letras

25/06/2012

Vidal Bolaño 2013

A Real Academia Galega escolle a Roberto Vidal Bolaño como homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013