Un proxecto de BD escolar compostelán obtén un premio europeo

As xornadas Comiq Kon-Dado preparan a súa segunda edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Pek, the traveller flea 3

Capa de Pek, the traveller flea 3

Estudandos do IES San Clemente, de Santiago de Compostela obtiveron un premio da plataforma europea eTwinings polo seu proxecto de BD Pek, a pulga viaxeira. A iniciativa, que conta xa con tes números publicados, consiste na realización colectiva dunha banda deseñada por parte de alumnos de diferentes países, que empregaron diferentes ferramentas informáticas e de comunicación.

Pola súa banda, para os vindeiros 15 e 16 de xuño anúnciase a segunda edición das xornadas Komiq Kon-Dado das Neves, que teñen xa na rede un programa provisorio. O evento contará con Fran Bueno, José Domingo e Miguel Porto como convidados e ten aberto o prazo de votación para os seus galardóns.

Ao tempo, desde a Biblioteca Nodal de Vigo entregarán o vindeiro sábado 13 os premios do seu IV Concurso de BD, ao tempo que o guionista Nacho Labandeira impartirá unha masterclass.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Santiago de Compostela, Miguel Porto, Fran Bueno...

Claves

Protagonistas
Conceptos