Compostela abre a nova xeira dos Outlets do Libro

A Asociación Galega de Editores organiza o evento, que se celebra entre o 6 e o 14 de abril

5/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

A Asociación Galega de Editores, desta volta en colaboración con libreiros locais, organiza unha nova xeira de Outlets do Libro Galego. O Centro Cultural Novacaixagalicia de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar) acolle entre o 6 e o 14 de abril a primeira cita desta iniciativa, que permitirá adquirir obras descatalogadas das principais editoras do país. Os outlets continuarán por Pontevedra, Ourense, O Barco e mais lugo. En total estarán presentes 17 editoras do país con máis de mil títulos, na súa maior parte en galego. En cada unha das localidades unha libraría local se encargará da xestión e comercialización do fondo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións
Compartir:

A maior parte dos fondos estarán dispoñibles co habitual esquema de prezos destes eventos de 1 libro a 3 euros, 2 volumes a 5 e 5 a dez euros. Ademais, as edicións especiais e as obras de grande formato poderán adquirirse a prezos de 10 e 15 euros.

Datas dos outlets da Asociación Galega de Editores

Santiago de Compostela. 6 ao 14 de abril.

Pontevedra. 20 ao 28 de abril.

Ourense. 4 ao 12 de maio.

O Barco de Valdeorras. 18 ao 26 de maio.

Lugo. 1 ao 9 de xullo.

Que che pareceu?
0 reaccións
Difunde a cultura galega:
Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Asociación Galega de Editores, Ourense, Santiago de Compostela...