As bibliotecas centran a celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil

A editorial Kalandraka celebra hoxe os seus 15 anos a abrir unha tenda electrónica

Exposicións, obradoiros, bookcrossing e outras iniciativa centran nas bibliotecas a celebración, hoxe, do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Xa sexan centros nodais como a Anxel Casal de Compostela ou a González Garcés da Coruña, ou a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, unha programación especial achega a lectura aos máis novos. A coincidir coa data, a editorial Kalandraka celebra os seus quince anos de existencia coa posta en marcha dunha tenda en liña que permitirá adquirir os seus títulos en todo o mundo.