Unha ollada inglesa

Dispoñible na rede o libro "Spanish Galicia", unha crónica de viaxes polo país dos anos 20

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
"Galician peasants". Procedente de Spanish Galicia

"Galician peasants". Procedente de Spanish Galicia

O exemplar descargámolo desde Archive.org, pero os seus contidos soan ben próximos. É "Spanish Galicia", unha crónica de viaxes do escritor inglés Aubrey F. G. Bell, que describe con agarimo o seu percorrido pola "pouca coñecida" Galicia durante os anos 20, para o público inglés. Bell, gran coñecedor da literatura e da cultura galegas, enceta nestas crónicas as paisaxes, hoxe xa bastante distintas, coa vida cultural e humana. Por exemplo, nesta cita sobre A Coruña: "Aquí, o historiador Don Manuel Murguía, pode ser visto, a pesar dos seus oitenta e sete anos (1920), paseando vigorosamente pola Rúa Real abaixo da man da súa filla, e vestindo sombreiro de copa e levita no día máis caluroso de agosto".

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Acisclo e os seus 71

Acisclo e os seus 71

Acisclo Manzano regresa á Coruña a exponer a súa cartografía humana

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Murguía, Literatura, A Coruña

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares