Dous escritores son os gañadores da XXXI edición do Premio Torrente Ballester de narrativa en galego da Deputación da Coruña. Nesta nova convocatoria, Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) con As liñas do paraÃso e Alex Alonso (Vigo, 1968) con Crónica denigrante repartiranse o premio mellor dotado da literatura galega que ten unha dotación de 25.000 euros. O xurado destaca que as dúas obras gañadoras están apegadas á realidade social, nun caso como reflexo do acontecido hai vinte anos e noutro á máis urxente actualidade. No caso de As liñas do paraÃso, o xurado considera que se trata dun texto "no que se reflicte a actualidade na forma en que reconstrúe as viaxes e a vida das persoas refuxiadas en dous escenarios: Siria e Europa, reflexando moi ben a súa dramática situación". O fallo fai constar tamén que a obra "conecta coa realidade multicultural de Europa cunha historia na que resalta a personaxe infantil de Karim que ten moita forza ao presentar un drama humano que atañe a todos". Por outra parte, Crónica denigrante trata, segundo o xurado, dun "texto no que existe un gran esforzo de documentación, moi traballado; é unha novela de non ficción cunha reconstrución moi lograda do crime que aconteceu en Nigrán, de xeito que pode considerarse unha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galiza". O escritor LuÃs Valle, a investigadora e crÃtica Chus Nogueira, o escritor e editor, Manuel Bragado, a profesora Pilar Ponte e o gañador da anterior edición do premio, Xavier López, co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e Xefa de Servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria formaron parte do xurado.