A vida como obra de arte

Xurxo Oro Claro transforma en arte os obxectos cotiás na galería Moret Art

9/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Estamos rodeados de obxectos e alguns deles teñen unha beleza de seu próxima as obras de arte. E Xurxo Oro Claro (A Golada, Pontevedra, 1955) descubre esa cara da arte a partir da nosa cotidaineidade. O seu traballo, chamado Obxectos 2 pode verse na galería Moret Art nunha exposición que pon o énfase na pureza de formas e de materiais, enmarcados con elementos naturais, nunha especie de metáfora sobre a relación do home coa natureza.

Imaxe 1
1/4
Imaxe 2
2/4
Imaxe 3
3/4
A outra dimensión dos obxectos
4/4

Esta mostra é unha síntese de todas as pezas clave da plástica de Xurxo Oro Claro. Doce pezas que permiten descubrir obxectos que proceden da nosa vida diaria e que, fóra do seu contexto, adquiren outra significación. De feito, desposuídos da súa utilidade, os obxectos cobran unha nova vida, converténdose en espías e reflexo da nosa actividade.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

04/06/2013

Onde habita a memoria

Un proxecto artístico indaga nas lembranzas que evocan os obxectos cotiás

24/11/2011

O abismo atrae

A galería Moret Art exhibe as naturezas atraíntes de Xurxo Gómez-Chao

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Moret Art, Natureza, Pontevedra

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares