Antonio Maroño é o novo decano co Colexio de Arquitectos

Substitúe no cargo a Jorge Duarte que presentara a súa dimisión forzada

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:

Os arquitectos de Galicia xa teñen novo decano. Chámase Antonio Maroño e liderará a xunta de goberno do organismo ata maio de 2015. Foi elexido tras unha votación á que asistiron o 40% dos 2.700 arquitectos colexiados en Galicia e asume entre os seus retos, a xestión dun colectivo que se ve afectado pola situación de crise actual. No eido cultural, haberá que ver como se concreta no seu mandato a continuidade de actividades xa consolidadas como o Proxecto Terra, os premios, os ciclos cinematográficos e as exposicións. Entre as iniciativas máis orixinais desenvolvidas recentemente está o concurso de ideas convocado por Chévere para escoller ao arquitecto que elaboraría a escenografía do último espectáculo de Chévere.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Gran Reservoir

Chévere cumpre as vodas de prata con Eurozone, un ambicioso proxecto escénico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Colexio de Arquitectos, Espectáculo, Exposicións