Sons sen lugar

Un documental recolle as conexións musicais entre Galicia e Portugal

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Imaxe de Não Lugar

Imaxe de Não Lugar

Acompañar un músico português, Pedro Calado, na suá descuberta da tradición musical galega e, á inversa, baixar con Davide Salvado investigar os sons do Alén Miño. Esta é a base de Não Lugar, o documental que está a desenvolver Tiago Pereira e para o que recolle unha impresionante selección de mostras de cantares do noso país. Pereira, que leva anos involucrado no proxecto de recolla A Música Portuguesa a Gostar dela Própria, segue o mesmo esquema de gravacións, en espazos "exteriores ou inóspitos aproveitando os sons ambientes e creando intimidade cos músicos". O Facebook do proxecto achega un bo feixe de pezas que nos permiten achegarnos dun xeito fresco aos nosos músicos de tradición.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Portugal, Davide Salvado, Facebook...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares