O Gaiás acolle a V Bienal Literaria De pedra e da palabra

O PEN Clube organiza o encontro, que se celebra os días 15 e 16

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cartel do V De Pedra e de palabra

Cartel do V De Pedra e de palabra

A V edición da Bienal Literaria De pedra e de palabra celébrase mañá, día 15 e pasado, día 16 na Cidade da Cultura de Galicia. O PEN Clube organiza esta actividade no que diferentes intervencións falarán sobre a relación das letras co material pétreo. O evento contará coa presenza de Massimo Saltafuso, Ramón Nicolás, Román Raña, Clara Usón, Bieito Iglesias e Diego Ameixeiras, entre outros.
Ademais, na mañá de sábado presentarase o volumeSinfonía Atlántica. Antología general de la poesía gallega, publicado en edición bilingüe por Eneida e celebrarase un recital musicado.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PEN Clube, Gaiás, Bieito Iglesias, Diego Ameixeiras...