A II Bienal Literaria achegará a Compostela autores de Asia e de África

O PEN Clube organiza o encontro entre o 24 e o 30 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Dezaoito escritores chegados de Asia e de África visitarán Compostela entre os vindeiros días 24 e 30 de outubro. Nestas datas celébrase a II Bienal Literaria De Pedra e de Palabra que organiza o PEN Clube Galicia. Entre os participantes, agárdase a presenza o Nóbel de Literatura chinés Gao Xingijan, que lerá o discurso inaugural, do marroquino Larbi El Harti, tradutor de Cunqueiro ao Árabe, ou de Germano de Almeida, de Cabo Verde, entre moitos outros. Unha das actividades previstas é un recital poético de homenaxe a Ramiro Fonte, recentemente falecido.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asia, África, PEN Clube, Ramiro Fonte...