Letras emerxentes de África, Filipinas, Marrocos e a relación entre a crise mundial e a literatura protagonizan a xornada emerxente da bienal literaria De pedra e de palabra. O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle desde esta mañá o evento logo dos actos de presentación que se desenvolveron esta fin de semana. Malia ao protagonismo que está a acaparar o premio Nobel chinés Gao Xingjiang, esta bienal conta coa presenza de creadores de países coma Congo, Angola, Etiopía, Kazakhistán ou Siria entre outros. Para alén de presentar as situacións das súas respectivas letres, no encontro tratarán temas coma a mestizaxe ou a oralidade.