Un total de 540.000 euros que se distribuirán entre colectivos culturais e concellos. A Deputación de Lugo anunciaba onte as súas axudas ao asociacionismo cultural, que sofren un descenso de 50.000 euros a respecto do pasado exercicio. A convocatoria cobre tanto actividades anuais para asociacións, cun lÃmite de 8000 euros, e e mais eventos culturais concretos, para os que se pode solicitar un máximo de 6000. En canto ao concellos, ábrense catro liñas que cubrirán tanto actividades como investimentos de carácter cultural.
Ao tempo, a Deputación de Pontevedra abrÃa tamén esta semana o seu Plan Cultural 2013, que achega apoio económico para o desenvolvemento de actividades culturais, gastos de infraestrutura e mais adquisición de vestiario e instrumentos para grupos musicais e folclóricos.