A Deputación de Lugo distribúe 540.000 euros de subvencións culturais

Distribuiranse entre 501 asociacións culturais e 124 concellos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un total de 501 asociacións distribuiranse 500.000 euros das subvencións culturais da Deputación de Lugo. Os orzamentos destínanse á realización de actividades puntuais e a cubrir o traballo anual destas entidades, con contías máximas de 8.000 e 6.000 euros respectivamente. En paralelo, 124 concellos repartiranse 40.000 euros destinados a equipamentos e mais a actividades de carácter cultural. A contía total reduciuse como xa aconteceu nos anos anteriores, sufrindo neste caso unha merma de 50.000 euros.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Asociacións

Claves

Conceptos
Lugares