A Fundación Araguaney suspende en Santiago o festival euroárabe Amal

Mantén unha mostra con títulos novos e outros premiados na historia do certame

27/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Era unha cita clásica do calendario cinematográfico de Santiago instalada no último trimestre do ano. Fiel á orientación da Fundación Araguaney, entidade que o organizaba desde hai unha década, Amal pretendía achegar a problemática árabe a través de filmes realizados neses países ou en Europa. Sufriu numerosas modificacións ao longo da súa historia e desde hai un tempo realizaba mostras da sección oficial en diferentes ciudades españolas e latinoamericanas. De feito, malia que en 2013 non haberá sección oficial competitiva. Os motivos, para o presidente da Fundación, Ghaleb Jaber, “a falta de apoio institucional, sobre todo por parte do concello, que mantivo unha actitude belixerante”.

“É un festival que proxecta a Santiago no mundo, que ten un orzamento duns 300.000 euros e que o concello só colaboraba con 10.000 euros, mentres destinaba 500.000 euros a outros dous festivais” contextualiza Ghaleb Jaber. O presidente da Fundación Araguaney especifica que perde a sección oficial competitiva, pero a mostra permanece. “Solicitaremos o Teatro Principal como sempre, porque hai unha cidadanía e uns espectadores fieis aos que hai que seguir atendendo pero non será un festival competitivo, con xurados, directores e xornalistas internacionais” puntualiza.

A Fundación Araguaney manterá a mostra en Santiago, pero tamén en Mexico, Arxentina, Panamá, Venezuela, Marruecos e Madrid onde exhibirá estará títulos premiados nestes dez anos de traxectoria e incorporará 5 novos filmes actuais. Ademais, pretenden manter a colaboración iniciada en 2012 con La 2 de TVE que exhibiu un ciclo de proxeccións temáticas

*Información actualizada

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Amal, Europa, Teatro, TVE...

Claves

Entidades
Conceptos