Iniciativas para achegar a cultura a adultos e persoas discapacitadas

Cultura para todos

A edición dunha cartografía galega en braille, un programa de ocio para xordos un obradoiro de lectura para adultos destacan esta semana como iniciativas para achegar a cultura a todos os sectores sociais.

Mapas en relevo



A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e a sección galega da ONCE presentaron a pasada semana os resultados do primeiro ano do programa "Rutas accesibles" que pretende achegar ós invidentes as riquezas turísticas galegas. O programa inclúe a edición dunha cartografía comarcal en relevo e en braille, ademais de visitas guiadas por sete comarcas e un programa de formación para que promotores e centros de turismo das comarcas. No ano de funcionamento de "Rutas accesibles" 495 persoas, na súa maioría invidentes, participarn nel distribuídas en 21 grupos.














Conferencias para xordos



Desde A Coruña chéganos outra iniciativa pioneira. Trátase da desenvolvida pola asociación Trabes e o centro de Formación Profesional Tomás Barros co apoio do Museo de Belas Artes, a Biblioteca Miguel González Garcés, a Fundación Luis Seoane e o Fórum Metropolitano. A idea principal é a de incluir intérpretes de lingua de signos na programación habitual destas entidades, para o que son estes colaboradores os que aportan os fondos. Así, as persoas xordas poderán asistir a conferencias, mesas redondas, exposiciones ou obradoiros.








Clásicos para adultos


A asociación de antigos alumnos de Educación Para Adultos Artes e Oficios vén de ser convidada a participar no proxecto europeo Sócrates MEDA pola actividade que desenvolve no concello de Vigo. Esta asociación, formada por pesoas que recibiron cursos de educación para adultos, está a desenvolver, semanalmente e desde hai varios meses, tertulias nas que persoas que nunca se achegaran á literatura participan e discuten sobre obras clásicas. Coordinados por unha pedagoga, os participantes xa se achegaron a obras coma "Juan Salvador Gaviota" ou "Marianela", coñecendo ademais os autores e a época en que se escribiron. O proxecto Socrates MEDA (Modelo de Educación Democrática de Personas Adultas) permite á asocaciación integrarse na Federación de Asociacións Culturais e Educativas de Persoas Adultas.