Alboradas, recitais colectivos. Actos en concellos, colexios e na rede. Galicia enteira ferve estes dÃas coa conmemoración o 24 de febreiro do DÃa de RosalÃa, co que se celebran tamén os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. A actividade pon de relevo o eco que acada unha conmemoración que distintos colectivos reclaman que se inclúa no calendario escolar.
O 24 de febreiro celébrase o aniversario de RosalÃa de Castro. A conmemorar a data, desde hai xa varios anos, está a se impulsar o DÃa de RosalÃa, unha celebración literaria que acada máis pulo en cada xeira. Recente no seu cargo como presidente da Fundación RosalÃa, Anxo Angueira recoñece que a celebración “está a acadar un éxito extraordinario, Galicia vai ser un fervedoiro de actividades”. Ao seu ver, non cabe dúbida de que está se verificar un incremento do interese social pola conmemoración. “Isto amosa que RosalÃa está fondamente vida. Ela estivo co pobo no seu dÃa, e agora, 150 anos despois, o pobo continúa a estar con ela. Nós estamos a organizar cousas en colaboración con outras institucións, pero queda claro que non é nosa, senón que é de todo o mundo. Por todo o paÃs asociación e concellos están a desenvolver actos de celebración”.
Crecemento
A entidade pioneira na reivindicación festiva do aniversario de RosalÃa de Castro é a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Segundo apunta o seu presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, “O DÃa naceu cando celebramos o traslado dos restos de RosalÃa ao Panteón de Galegos Ilustres. Ai comezamos a activación de todas as canles nas que puidemos incidir para conseguir apoio social”. A partir desta proposta “o noso soño era que prendese e se fose concretando, e semella que está a coller a dimensión que merece a data. Para nós é moi gratificante ver unha resposta social tan grande”. A activación social arredor do DÃa de RosalÃa non é unicamente cousa deste ano, aÃnda que desde logo semella medrar con cada edición. Desde hai varios anos, concellos e asociacións están a se sumar a esta iniciativa, e semella que o desenvolvemento de actos descentralizados que permiten a participación a través da rede facilita a implicación de persoas e entidades.
Implicación social nas letras
No ronsel do DÃa das Letras dedicado a Lois Pereiro, semella que RosalÃa ou Vidal Bolaño están a confirmar o interese social por celebrar a nosa cultura. “Non hai dúbida ningunha. Cando un se achega correctamente e comparte coa sociedade correctamente e comparte os actos e a mobilización, o pobo responde. AÃnda que se tenta dar a imaxe dunha sociedade apática, quizais precisamente para a adormentar, na realidade cun mÃnimo achegamento atópase toda a resposta necesaria. Cando nunha institución aparece a mÃnima sensación de verticalidade, a sociedade distánciase, non se pode perder a horizontalidade”, explica Cesáreo Sánchez. Esta tendencia no xeito de se vencellar coas nosas letras pode dar en mudanzas nas celebracións máis institucionalsi. “Pasou con Lois pereiro, que ten unha poseÃa que non é fácil pero que foi un grande éxito. Está a pasar con Vidal Bolaño. As institución teñen que abrir as axendas á sociedade, como xa están a facer algunhas”, lembra o presidente da AELG.
Algunhas propostas
En falando de actividades máis concretas, Angueira sinala a convocatoria que a Fundación realizou canda a Asociación de Gaiteiros Galegos a prol dunha Alborada colectiva. “Pensamos que é orixinal, non custa cartos, é só cousa do esforzo gaiteiros que hai por toda Galicia”. A entidade colabora coa Real Academia e mais coa Universidade de Vigo nas celebracións deste ano. Pola súa banda Sánchez Iglesias sinala o éxito da proposta da AELG de lecturas colectivas de textos de Cantares Gallegos nas aulas, que co apoio de CIG-Ensino “está xa por 70 ou 80 institutos. Logo hai moitÃsimas agrupacións culturais que fan actos de lectura e concellos que organizan actividades”. Angueira lembra como outros exemplos de participación na homenaxe “a lectura de textos nas aulas, as lecturas públicas, ou o roteiro que vai haber en Compostela”, organizado pola Asociación O Galo “que me parece fundamental porque se trata de vencellar a literatura á paisaxe e á terra. Ao longo do ano penso que haberá moitas iniciativas aÃnda que vencellarán poesÃa e música”.
Un exemplo desta liña é o concerto co que se celebra a data en Pontevedra. Aid e Sés compartirán escenario en Pontevedra o vindeiro dÃa 22 nun evento que tamén terá compoñente literaria, con lecturas a cargo de Elvira Riveiro, RosalÃa Fernández Rial, Anxo Angueira ou Marga do Val. Outra iniciativa orixinal é a que se desensvolverá no local Torre Lombarda de Allariz. AlÃ, El Patito Editorial presenta a súa edición de Cantares Gallegos ilustrada por Pepe Barro, que fai parte da súa colección PoesÃa Completa Ilustrada da autora. O acto contará coa actuación musical de Narf e cunha mostra de orixinais entre outras propostas. Do mesmo xeito, Tui, Fene, Ferrol, LalÃn, Rianxo, Ribeira ou Ribadeo son algúns dos lugares que conmemoran o aniversario da poeta, na maior parte dos casos con recitais poéticos e actuacións musiciais. Ademais, continúa a se promover a iniciativa de agasallar un libro e unha flor por esta data. Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega arrinca xa hoxe mesmo as celebración presentando o congreso que celebrará sobre a poeta a vindeira semana asà como unha central de recursos sobre RosalÃa, que achega unha versión dixital da primeira edición de Cantares Gallegos. Estas iniciativas súmanse a actos xa clásicos como a ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres.
Cuestións pendentes
Se acaso, un floco pendente nesta celebración será a institucionalización da data, cando menos no calendario escolar, unha reclamación de diferentes sectores. Segundo lembra Cesáreo Sánchez “desde a AELG propuxemos que se aceptase como DÃa de RosalÃa na Mesa do Libro, e aprobouse por unanimidade”. Con isto, incluÃuse a data no Calendario do Libro e da Lectura da ConsellarÃa de Cultura. O seguinte é que faga parte do calendario escolar, non como un festivo, pero si como un dÃa activo no que traballar a autora nas aulas”. Do mesmo xeito, Angueira sinala que “na Fundación concordamos con esta proposta. Co nacemento de RosalÃa conmemoramos o nacemento da Galicia que somos, a da ta ten entidade abonda para ser recoñecida”. Un recoñecemento que ambos os dous ven como complementario do DÃa das Letras. “Unha cultura que só tivese un dÃa para ser celebrada é moi pobre”, sinala Sánchez. Canda a esta inclusión no calendario, desde a AELG inciden noutra reivindicación encol de RosalÃa que levan anos a facer. “Pensamos que para unha cultura é moi importante saber celebrar os seus sÃmbolos, e por iso reivindicamos o Panteón de Galegos Ilustres como un espazo laico de propiedade e acceso públicos. Non queremos ter que pedir permiso a ninguén para irlle levar flores a un dos nosos sÃmbolos nacionais, do mesmo xeito que quere poder levarlle libremente flores ao seu pai”.