Eduardo Alonso e Andrea Bayer compiten polo Max a mellor autor teatral en galego

O luns saberase cal será o espectáculo revelación que representa a Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Eduardo Alonso e Andrea Bayer compiten polo Max a mellor autor teatral en galego

Dous son os autores teatrais galegos finalistas da XVI edición dos Premios Max, que impulsa a Fundaicón Autor da SGAE para premiar o talento dos profesionais das artes escénicas. Son Eduardo Alonso por Último cowboy e Andrea Bayer por Fíos. Non serán os únicos galegos, xa que falta por coñecer a candidatura que representará a Galicia no premio Espectáculo Revelación. Nesta edición, o gran favorito é Miguel del Arco que acumula 16 candidaturas por tres obras: De ratones y hombres (12), Juicio a una zorra (3) e El inspector (1). Este ano os Max teñen unha novidade, que é a creación do premio ao Afeccionado, recoñece a traxectoria dunha persoa ou entidade pública ou privada no ámbito do teatro amador.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eduardo Alonso, Espectáculo, Artes Escénicas, Teatro...

Claves

Protagonistas
Entidades