Quiosco: Revista Galega de Teatro, 73

A perspectiva feminista da creación escénica neste número da Revista galega de teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Quiosco: Revista Galega de Teatro, 73

Fai o número 73, o relativo ao inverno de 2012-2013 e xa se pode atopar nas librarías. Nesta ocasión a proposta segue fiel ás súas liñas de traballo habituais con crítica, análise e divulgación das artes escénicas. Nesta ocasión Marta Pérez e Vanesa Sotelo falan de “Tomar as rendas e crear á inversa: Unha perspectiva feminista da creación escénica en Galicia”. Ademais informa de actividades e festivais desenvolvidas no fin do ano 2012, como as III xornadas de Escena Galega ou do LXVI Festival de Avignon e do XXVII Festival Iberoamericano de Cádiz. Recomendacións editoriais e producións destacadas ("Pegadas" de Teatro de Ningures e "Viaxe a ningunha parte" de Sarabela Teatro) completan este número.

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Revista Galega de Teatro, Artes Escénicas, Teatro de Ningures...