Quiosco: Revista Galega de Teatro 69

A crise económica e as protestas do sector centran boa parte da entrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Capa da Revista Galega de Teatro 69

Capa da Revista Galega de Teatro 69

Está xa na rúa o número 69 da Revista Galega de Teatro. A publicación ten nas protestas do colectivo escénico e na crise que está a padecer un dos seus eixes, con tres artigos que tratan a desaparición da Feira Galega das Artes Escénica, a situación do distribuidores e mais a evolución das reivindicacións do sector. Canda a isto, pódese ler o texto dramático Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes e artigos sobre cuestións como Sexo e teatro ou Os escenarios do corpo de Alfonso Becerra. Crónicas do Galicreques e mais do Festival Iberoamericano de Cádiz, así como entrevistas a Teatro de Ningures e a Lagarta Lagarta son outros contidos desta edición. A revista está á venda en 50 librarías de todo o país a un prezo de 5,50 euros.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Erregueté 95

Quiosco: Erregueté 95

A nova entrega da Revista de Teatro inclúe un texto dramático de Francisco Javier Suárez Lema

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Revista Galega de Teatro, Lagarta, Feira...