Un feixe de letras móvense por riba dunha mesa mentres se oen poemas de Lois Pereiro. Libros a facer accións e a configurar paisaxes acompañan os textos de Uxío Novoneyra. As cartas do tarot de Marsella cobran vida para ilustrar un romance, mentres unha banda de música soa detrás. Estrañas criaturas motorizadas percorren as rúas. Son só algunhas das propostas que Fantoches Baj fai nas súas producións e que amosamos nesta reportaxe con vídeos.
O Asombro from Fantoches Baj on Vimeo.
As pombas de Carboeiro “Nesta obra si que apostamos por unha figuración moi clara, pero os personaxes son tamén moi abstractos, porque en realidade saen das cartas, aínda que teñen formas humanas”, explica Vilariño. “Nese caso, como noutros espectáculos, xogamos con que o manipulador deixe de estar agochado. Hai un certo cruzamento co teatro de rúa no sentido do rapsoda ou do cantar de cego, entón priorízase moito a narración oral, apoiándose un pouco no kamishibai xaponés”, consistente en narración apoiada en ilustracións. Deste xeito, as cartas do Tarot de Marsella, o conto ou o teatro mestúrase nunha obra que naceu como unha encarga da Banda de Música de Silleda e que mestura a invasión napoleónica cunha historia medieval no mosteiro de Carboeiro. Este edificio acolleu a estrea da obra, na que interveu a propia banda. As pombas de Carboeiro Tamén para nenos Canda a estes proxecto, Baj mantén unha serie de obras relativamente máis convencionais, centradas no público máis infantil pero que manteñen tamén o seu punto de experimentación. É o caso, por exemplo de Velocíclopes, un espectáculo no que uns estraños seres rodantes centran a atención. Vilariño salienta que “para min non hai diferenzas entre unhas e outras, pero si que existe unha vía de adultos ou obxectos máis abstractos con outras máis infantil ou popular, vívoo sen traumas”. Encol do seu interese pola vangarda escénica Vilariño sinala que “a actuación é o motor, vas para adiante e fas o que pensas que tes que facer. Logo sempre tes un ollo posto en como vas conseguir vender as cousas, hai que atopar unha canle para os distribuír”. No entanto, recoñece que “ao final os espectáculos innovadores teñen saída. Aínda que a priori non teñen un mercado tanxible, logo van aparecendo sitios onde se poden facer cousas. Si que semella que hai espazo para estas propostas”. Proxectos De xeito inmediato, a compañía ten previsto desenvolver unha xira do seu espectáculo sobre Novoneyra. A seguir “unha idea que me rolda na cabeza é recuperar Acrobacia acuática, unha obra que eu xa fixera baixo outro nome con textos de Chus Pato. Ademais, en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra, están a preparar a edición audiolibro con textos e imaxes baseado no espectáculo O asombro. A obra poderá verse na Zona C de Compostela entre os vindeiros 15 e 17 de marzo. Pola súa banda, As pombas de Carboeiro recalarán no Salón do Libro Infantil de Pontevedra o 22 do mesmo mes.



