O novo número de Protexta presenta a nova novela de Alberto Lema, a máquina, a través dunha longa entrevista ao autor realizada por Ana Salgado. Segundo a revista, o narrador entende a escrita "como forma de acceso ao real contemporáneo". Tamén recollen as páxinas deste ProTexta entrevista con Samuel Solleiro, que regresa ao relato con Gran tiburón branco (Xerais, 2012) e que anda arredor de posmodernidade fronte a modernidade, ademáis dunha reportaxe sobre "as letras de cancións que constrúen un retrato colectivo, de Ataque Escampe a Das Kapital".