Quiosco: Protexta cartografía o universo poético de Chus Pato

Na rede e en papel o novo número do suplemento literario de TEMPOS

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Quiosco: Protexta cartografía o universo poético de Chus Pato

O número de verán de Protexta, o suplemento de libros da revista Tempos Novos, arrinca cunha proposta a Chus Pato, á que se pediron "vinte e dúas entradas posíbeis que, de Animalidade a RonseltZ, permitisen explorar o que pensa o seu proxecto poético". Protexta, que vai polo sétimo número, tamén presenta unha estensa entrevista ao escritor Bieito Iglesias, que está de actualidade polo seu novo libro Pan e Coitelo. Iglesias declara: "os americanos teñen un exército que universaliza a súa literatura". Ademáis, escritores e xornalistas como Rebeca Baceiredo, Daniel Salgado, Anxos Sumai, María do Cebreiro, Dolores Vilavedra ou María Lado ofrécennos propostas de lectura para o verán.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Protexta 13

Quiosco: Protexta 13

A última obra de Suso de Toro abre o ultimo número do suplemento de Tempos novos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chus Pato, María do Cebreiro, Bieito Iglesias, Daniel Salgado...