Entre lúdica e pedagóxica está a nova aposta infantil de Espiral Maior. Titúlase “O libro dos cen poemas” e ofrece unha escolma de poesía infantil agrupada en cinco categorías: animais, cancións de berce, o mundo, cancións de festa e un sobre nenos e nenas. O libro inclúe ademais un caderno de actividades dirixido a pais e docentes para que ensinarlle ó rapaz a comprender os textos.
Máis información en La Voz de Galicia .
