Os asistentes á Feira do Libro de Madrid poderán coñecer as últimas novidades e as grandes tendencias da creación literaria galega

Desembarco no Retiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nesta sexaxésimo quinta edición da Feira do Libro de Madrid que se celebra no Parque del Retiro entre o 26 de maio e o 11 de xuño, Galicia ocupa un lugar especial xa que é a Comunidade Autónoma convidada. A Consellaría de Cultura preparou diversas actividades para amosar o mundo do libro galego entre o 30 de maio e o final da Feira. Haberá unha nutrida representación da literatura infantil a través da presentación de obras, obradoiros, espectáculos e mesmo a presentación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. A banda deseñada estará representada pola revista BD Banda que se presentará o día 30 e a poesía pola presentación o día 11 da antoloxía “Poemas pola memoria”.

Máis información no web da Xunta
e no da Feira do Libro de Madrid

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Feira do Libro, Banda deseñada, Literatura...