Mantense constantemente o número de agresións ao patrimonio

A provincia máis afectada é a de Pontevedra con 141 denuncias

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

En 2012 a consellaría de Cultura rexistrou 307 denuncias por supostas irregularidades en actuacións relacionadas co patrimonio. Unha cifra que se mantén constante con respecto ao ano 2011 e un pouco máis baixa que en 2010 con 369. A maior parte das denuncias foron por actuacións que afectaron a igrexas e cemiterios, seguidos de agresións ao Camiño Francés e a castros. Danos a carteis, verquidos, talas ilegais ou edificacións son os delitos máis denunciados. Con todo, desas denuncias só se incoaron 50 expedientes que acabarán sendo sancionadores se se considera que hai un delito.De probarse, a multa oscila entre os 100 e os 60.000 euros. Por provincias, a máis afectada é a de Pontevedra con 141 denunciadas, seguidas de Coruña por 119.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Camiño Francés

Claves

Conceptos
Lugares