A TVG emite a tv movie sobre Eduardo Barreiros, o empresario do automóbil

A proxección terá lugar esta noite ás 22:40

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Non foi un home corriente. Eduardo Barreiros (Gundiás, 1929- A Habana, 1992) foi un dos mecánicos e empresarios do automóbil máis importantes de todo o Estado Español. Coa patente da transformación de vehículos gasolina en Diesel, asociouse con Chrysler ata que lles vendeu as súas accións por desavinzas coa empresa. Esta noite a TVG emitirá (22:40 horas)un filme dirixido por Simón Casal de Miguel e con Manuel Regueiro e María Tasende como protagonistas sobre a súa historia. A película para televisión conseguiu o ano pasado o Mestre Mateo na súa categoría e o primeiro premio no World Fest de Houston.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Barreiros, A Habana

Claves

Entidades