A USC estudia dar a licenciatura ós alumnos con algunha materia suspensa

Dúas para setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Universidade de Santiago podería sumarse á concesión de títulos a aqueles alumnos ós que lles falte algunha asignatura por aprobar da súa carreira. Esta posibilidade xa está en práctica en universidades como as politécnicas de Madrid e Barcelona e estúdiase noutras como a de Vigo.

Por unha materia

A situación daqueles estudiantes que non poden licenciarse por ter unha ou dúas materias que non acadan aprobar pode resolverse se vai adiante a iniciativa que está a estudiar a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Trátase de conceder o título a aqueles estudiantes ós que lles falta un número reducido de créditos para completar a súa carreira. Segundo sinalou onte Darío Villanueva, a concesión do título realizaríase mediante unha avaliación global dos currículos dos estudiantes.

Iniciativa a estudio

O Rector da USC, Darío Villanueva, sinalou onte a intención de estudiar o procedemento que xa se aplica noutras universidades españolas coma as politécnicas de Madrid e de Barcelona. As súas declaracións producíronse na xuntanza do Consello Interuniversitario de Galicia que tivo lugar onte en Compostela. Tamén a Universidade de Vigo está a estudiar a aplicación deste sistema, que prevé a creación dunha comisión técina que estudie cada caso polo miúdo.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Barcelona, Madrid, Darío Villanueva...