AÃnda que sen moitas coincidencias, xa temos na rede as dúas princpais listas do mellor que deu o pasado ano para as nosas letras. Esta mesma mañá o web Fervenzas Literarias publicaba a lista dos mellores tÃtulos de literatura galega de 2012, escolleitos en votación polos seus lectores. A selección súmase á que xa publicara, hai menos dun mes, Redelibros, elaborada tamén por votación dos membros desta rede social centrada na literatura. De xeito curioso, non se dan moitas coincidencias entre as dúas, fóra da selección de AgustÃn Fernández Paz como mellor autor en galego, de Ardalén de Miguelanxo Prado como mellor obra de banda deseñada na nosa lingua e de Armando Requeixo como mellor crÃtico.
As voces baixas de Manuel Rivas, é a mellor obra de narrativa para adultos para os lectores de Fervenzas literarias. Calado testamento, de Xavier RodrÃguez Barrio foi escolleito en PoesÃa, e O rastro que deixamos de AgustÃn Fernández Paz en ensaio. Miguelanxo Prado foi o mellor ilustrador, Palabras de auga a mellor obra infantil e xuvenil (e tamén a mellor capa nesta categorÃa).
A nivel de difusión, Xerais levou o premio ao labor editorial e Couceiro o da librarÃa. Praza Pública considerouse o mellor medio de comunicación, Brétemas o blog máis detacado. O mellor que aconteceu no ano para estes votantes foi o Culturgal, e o peor, a polÃtica cultural da Xunta.
Chama a atención no caso de Fervenzas Literarias o apoio acadado polos produtos de Urco e de Contos Estraños. No caso de Urco, foi escolleita como mellor editora, viu o segundo volume da saga de Basilius Hoffman como mellor obra infantil e xuvenil e o autor dos seus debuxos, Iván Valladres, como mellor ilustrador, mentres Tomás González levou o premio ao mellor tradutor. Pola banda de Contos Estraños, considerouse o mellor proxecto ou evento cultural do ano, mentres a novela O morador da fenda foi escolleita como mellor obra literaria en galego.
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás foi a obra non literaria máis destacada para os usuarios desta rede, Miguel Otero o mellor autor en castelán, e Abecedario de mantenzas o libro mellor editado. O cómic en castelán do ano foi El héroe de David RubÃn e Armando Requeixo veu recoñecido, ao igual que en Fervenzas Literarias o seu traballo como mellor crÃtico e levou ademais o de mellor blog.