A vida segreda do lixo

Berrobambán e Bichakadela danlle unha nova vida ao refugallo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Detalle do espectáculo. Fonte: Berrobambán

Detalle do espectáculo. Fonte: Berrobambán

Isolda co seu libro de viaxes, Hipatia cun telescopio, Borobonte e a súa tartaruga, e Lustucrú cunha pata de pau. Todos eles son amigos e viven con esas cousas que o resto de mundo tira. Este é o ambiente que Paula Carballeira creou para O refugallo, texto co que gañou o premio Manuel María de Literatura dramática infantil e que agora Berrobambán e Bichakadela fan realidade (Salón Teatro de Santiago, de xoves 17 a martes 22).

Detalle do espectáculo. Fonte: Berrobambán
1/7
Detalle do espectáculo. Fonte: Berrobambán
2/7
Detalle do espectáculo. Fonte: Berrobambán
3/7
Detalle do espectáculo. Fonte: Berrobambán
4/7
Detalle do espectáculo. Fonte: Berrobambán
5/7
Detalle do espectáculo. Fonte: Berrobambán
6/7
Outras vidas
7/7

O refugallo “fala do que se prescinde e se tira e que se reconstrúe a través da capacidade que teñen os nenos de imaxinar e de darlle novas vidas” explicaba a súa autora, Paula Carballeira, no momento no que recibiu o premio. Un ano despois, Berrobambán e Bichakadela unen as súas dinámicas de traballo para poñer sobre as táboas este texto de mensaxe ecolóxica e varios niveis de lectura pensado para grandes e pequenos.

A obra conta con catro actores en escena formada por Paula Carballeira, Nuria Sanz, o contador de historias José Campanari, e o bailarín David Loira. Catro perfís creativos ben diferentes aos que Nacho Sanz poñerá música en directo con elementos de refugallo. Chiqui Pereira é director desta obra na que buscou sempre unha máxima fidelidade ao texto.

Na rolda de prensa de presentación do proxecto, os responsables da proposta reivindicaron a importancia da publicación dos textos dramáticos, así como a necesidade de abrir os circuítos de exhibición no que “se poidan ver os espectáculos que se apoian”.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Proxectos que medran

Proxectos que medran

Berrobambán achégase ao paso da infancia á madurez en A Folla máis alta

Combates escénicos

Combates escénicos

Berrobambán integra a loita libre coa vida cotiá en Pressing Catch

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berrobambán, Paula Carballeira, Manuel María, Literatura...