
O premio de teatro Manuel María de literatura dramática infantil recaeu por maioría na autora Paula Carballeira sobre un texto que, en palabras da gañadora, fala do que se prescinde e se tira, como pode ser a cultura ou o teatro nestes tempos.. que se reconstrúe a través da capacidade que teñen os nenos de imaxinar. Para a autora, os 6.000 euros de premio serviranlle á miña compañía, Berrobambán, poder facer os nosos textos e asumir outros proxectos máis arriscados, polo que estou moi contenta.
Pola contra, Anxo Abuín, profesor da Universidade de Santiago e presidente do xurado, asegurou que por unanimidade decidiron declarar desertos os textos presentados ao Premio Barriga Verde de Monicreques nas súas modalidades. o xurado tomou esta decisión porque as obras non tiñan calidade literaria e a viabilidade escénica.
Premio Alvaro Cunqueiro: Marcos Abalde por A cegueira
Abalde describe o contexto bélico no que se insire esta historia e que define como nada complacente.
Premio Manuel María Paula Carballeira por O refugallo
Paula Carballeira asegura que o texto fala de catro personaxes que viven nun contorno coas cousas que a xente non quere e, a partir de aí, reconstrúen o seu propio mundo