É unha honra recibir un premio que leva o nome de Barriga Verde pola homenaxe implícita ao teatro popular galego afirmaba Xosé Antón Neira Cruz despois de que a presidenta do xurado do premio Barriga Verde de textos lle comunicara que gañou na modalidade teatro de nenos pola súa obra O punto da escarola. Este galardón quedou deserto no apartado de teatro para adultos. Canda Neira Cruz, Teresa González Costa tamén recolleu o seu galardón, por partida doble, xa que gañou o Manuel María de Literatura Dramática Infantil (con Pinqueiras e Tarteiras) e Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais (con Sempre quixen bailar un tango). Os gañadores destes premios que concede Agadic déronse a coñecer no acto de inauguración da Feira Galega das Artes Escénicas.
Ambos gañadores recibirán unha dotación económica de 6.000 euros por cada un dos premios e os tres textos poderán ser publicados nalgunha das coleccións dramáticas que Agadic mantén en colaboración do diferentes editoriais galegas.