Tres ciclos de cine achegarán clásicos no Ateneo Ferrolán

Cine bélico, filmes ambientados no século XVIII e o humor centran as emisións

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Ateneo Ferrolán recupera o seu ritmo de traballo habitual trala apertura da súa sede social con tres ciclos de cine. O primeiro deles, de temática bélica abre esta tarde as proxeccións con Adeus ás armas, a adaptación da obra de Hemingway. Os falisficadores, Stalingrado, Terra e Liberdade conforman a programación desta aposta que se exhibriá todoso os martes. Despois chegarán as proxección de filmes ambientados no século XVIII onde o encargado de abrir o ciclo será a cinta de Ridley Scott sobre un relato de Joseph Conrad, Os duelistas. Será o humor, con obras clásicas de Billy Wilder e unha achega aos humoristas británicos Monty Python quen peche a programación cinematográfica deste primeiro cuatrimestre.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Humor, Ateneo Ferrolán, Clásicos

Claves

Entidades
Conceptos