O Cineclube Compostela dedícalle un ciclo ao conflito palestino

Os campamentos de refuxiados do Líbano abren esta noite a primeira das sesións

Unha ollada sobre Palestina contada na voz de documentalistas críticos como son os finados Mustafa Abu Ali ou Jahn var der Keuken, xunto con Carolina Rivas, unha recoñecida realizadora mexicana, ou o galego Alberte Pagán. Este é o ciclo que este mes de xaneiro programa o cineclube compostela (todos os mércores ás 21:30 horas en versión orixinal con subtítulos en galego) e que arrinca esta noite. Non existen e Os palestinos son dous documentais breves que afrontan desde diferentes perspectivas os campamentos de refuxiados palestinos do sur do Líbano.

Mércores 9 de xaneiro, ás 21.30h no Pichel
Non existen
(ليس لهم وجود [Laysa lahum wujud], Mustafa Abu Ali, Palestina, 1974, 25′, VOSG)
Os palestinos
(De Palestijnen, Johan van der Keuken, Países Baixos, 1975, 45′, VOSG)
Mércores 16 de xaneiro, ás 21.30h no Pichel
Z32
(Z32, Avi Mograbi, Francia-Israel, 2008, 81′, VOSG)
Mércores 23 de xaneiro, ás 21.30h no Pichel
A cor das oliveiras
(El color de los olivos, Carolina Rivas, México-Palestina, 2006, 97′, VOSG)
Mércores 30 de xaneiro, ás 21.30h no Pichel
Videocartografías: Aída, Palestina
(Vidéocartographies : Aïda, Palestine, Francia-Palestina, Till Roeskens, 2008, 46′, VOSG)
Película urgente por Palestina
(Alberte Pagán, Palestina-Galiza, 2012, 14′, VOSG)
Coa presenza de Alberte Pagán, Fayez Badawi e Mohamed Safa