Unha asociación ferrolá convoca un certame de textos de contraportada

O I Premio Muíño do vento quere resaltar a importancia destes textos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"Promover a calidade dos textos que acompañan o libro na contraportada ou lapelas e mais de resaltar a súa importancia pola información que transmite ao futuro lector" son os principais obxectivos cos que nace o I Premio Muíño do vento de textos de contraportada. A Asociación Sociocultural de Canido, Ferrol, convoca este certame, ao que se poden presentar todos os libros de literatura infantil e xuvenil editados en 2012. O galardón, consistente nun cadro do pintor ferrolán Poldo Rapela, entregaráselle ao autor do libro, con independencia de quen elaborase o texto da contracapa.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Literatura

Claves

Conceptos
Lugares