Emma Ríos está entre as debuxantes do ano para Comicsbulletin

Diferentes listaxes estatais destacan os traballos de David Rubín e Miguelanxo Prado

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

O Top Ten Comic Artist 2012 que publicou o web Comicsbulletin inclúe a galega Emma Ríos como unha das autoras máis destacadas do último ano. Os críticos Dylan Tano, David Fairbanks, Steve Morris, Danny Djeljosevic, Chris Kiser, Shawn Hill, Zack Davisson e Keith Silva, que elaboran a lista, destacan a súa capacidade á hora de planificar as páxinas e, de xeito especial o seu traballo na obra Doctor Strange: Season One.

Canda a ela, atopamos galegos tamén nas listaxes estatais do mellor de 2012. Tal e como recolle Praza Pública, os últimos traballos de David Rubín (El héroe 2) e Miguelanxo Prado (Ardalén) están entre as recomendacións do xornal ABC, en TVE ou nas que realizou o debuxante Pepo Pérez.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Miguelanxo Prado, David Rubín, Morris...

Claves

Entidades