Hoxe mesmo chega ás tendas de Estados Unidos o cuarto e último número de Strange a serie que a galega Emma RÃos está a ilustrar para Marvel. Unha mostra de seis páxinas desta obra pode lerse xa na rede no web comicbookresources.com. Ao tempo, a autora adianta no seu blog que o vindeiro mes de marzo verán as luz os volumes Comic Girls e Irredeemable Special #1, nos que a galega desenvolve cadansúa historia breve. Para o 21 de abril anúnciase tamén a saÃda do traballo de RÃos co personaxe Firestar e mais o volume que recompila a miniserie Strange