Varias producións galegas figuran no listado das candidatas aos premios Goya

Destaca a ausencia galega na categorías de curtametraxes

7/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O sexo dos anxos, Invasor, Lobos de arga, O apóstolo, Operación E ou Vilamor son algunhas das producións galegas preseleccionadas para a vixésimo sétima edición dos Premios Goya. De momento, a Academia ten no seu sitio web o listado de todas as producións que cumpren coas bases e, polo tanto, entran no proceso para escoller os mellores títulos audiovisuais do ano 2012. Entre as candidatas, hai producións galegas e case todas as categorías, no entanto, destaca a ausencia de producións galegas nas categorías de curtametraxes e a escasa presenza no sector da animación. Neste caso só figura unha produción no apartado de mellor longametraxe de animación, con O apóstolo.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Goya, Animación, Apóstolo