A última produción de Xavier Villaverde (O sexo dos anxos), a gran aposta de Vaca Films (Invasor), a premiada longametraxe de animación Engurras
estas son algunhas das producións galegas que veremos na carteleira nas vindeiras semanas. Aposta forte pola animación e a coprodución como única saída nun momento no que as produtoras notan unha baixada no seu ritmo de traballo.
A primeira en chegar á carteleira é Engurras, que se estreará en salas comerciais o vindeiro venres. É unha historia sobre a soidade das persoas, sobre a vellez pero tamén sobre a familia explicaba Paco Roca, autor da banda deseñada que Ignacio Ferreras adapta ao cine. Trátase dunha produción que chega ao público con dúas candidaturas para os premios Goya: a de mellor longametraxe de animación e a de mellor guión adaptado. A animación galega tamén espera estrea de varios títulos deste xénero. Un deles é de The Little wizard. O mago dubidoso, unha produción que tamén é finalista nos Goya e que conta a historia dun neno mago nado en Tui no século XII. A súa historia da pé a falar de aventuras nas épocas do vikingos e de reis protectores das artes máis dados ao amor e á lírica que ás guerras. Tamén para este ano se epera Meigallos a primeira longametraxe de Peque varela. Trátase dunha produción 100% galega que conta cunha axuda a desenvolvemento da Agadic. Completa o listado de filmes de animación que teñen prevista a súa estrea este ano a segunda parte de A tropa de trapo, que desenvolve Continental e Abano Producións.
Estreas de cine
A principios de maio chegará as carteleiras O sexo dos anxos, o último filme de Xavier Villaverde. Unha película de ficción que se estrará en salas despois dunha intensa campaña de promoción a través das redes sociais nas que lle permitiu aos usuarios contar historias, editar esceas . O filme fala das relacións sentimentais, desde un punto de vista provocador e conmovedora a ritmo de break e funky. Carla (Astrid Bergès-Frisbey) e Bruno (Llorenç González) é unha parella que cre que ten repostas para todo ata que na súa vida aparece Raicreen (Álvaro Cervantes), un mozo atractivo e misterioso que vive á marxe das normas.
Rodada en 2011 e das que teñen prevista a súa aparición inmediata é Operación E a coprodución de Zircozine na que os produtores, Luís Tosar e Farruco Castromán, tamén participan como actores. O filme conta a historia dun campesino cocaleiro José Crisanto (Luís Tosar), que recibe o encargo de coidar de Enmanuel, o fillo que a Clara Rojas (Martina García) tivo cun guerrilleiro mentres estaba secuestrada. A FARC anuncian a liberación da nai e do fillo, pero o día previsto a guerrilla non sabe onde está o neno.
Este ano tamén se espera a estrea de Invasor, a gran aposta de Vaca Films. Produción de catro millons de euros, rodada na Coruña e que ten prevista a súa chegada a carteleiras para a segunda metade do ano. O filme conta a historia dun médico militar (Alberto Ammann) que regresa da guerra de Irak con feridas e problemas de memoria tras sufrir un altercado. Unha vez de volta, tentando memorizar o acontecido, pasan a súa cabeza fenómenos inexplicables que o levan a unha espiral estremecedora. Moito antes, para principios de marzo Vaca Films estreará outro título, Lobos de Arga, un filme rodado nos arredore de s a coprodución de Vaca Films que conta unha historia de homes lobo en clave de comedia. O filme, de cinco millóns de euros de orzamento, rodouse nos arredores de Santiago e conta con equipo técnico e artístico galego.
Outra produción que espera estrearse neste 2012 pero que aínda non comezaron a rodaxe é Inevitable de Adivina Producións que, baixo a dirección de Jorge Algora conta una historia de encontros e desencontros moi borgianos. O filme ten prevista a súa rodaxe en Galicia e en Bos Aires, nunha coprodución con Zarlek, empresa coa que xa ten colaborado en ocasións anteriores. É o caso tamén de Filmanova Producións que está a preparar un musical sobre
Menor ritmo
A maior parte das produtoras consultadas alertan dun menor número de traballos que se estrearán este ano. Filmanova este ano non ten prevista ningunha estrea, aínda que si ten proxectos en desenvolvemento que, como tal, dependen de apoio financiero para levarse a cabo. Susana Maceiras, responsable de Adivina Producións considera non é que os prazos se dilaten máis no tempo que antes, senón que agora resulta máis difícil todo: os bancos prestan menos cartos, resulta máis complicado vender o proxecto, as liñas de axuda son menores é un pouco de todo . Neste sentido, Fernanda del Nido, de Tic Tac Producións, é máis pesimista con respecto ao panoramda ao non haber unha política definida, todo se paraliza e o descenso do número de proxectos non é máis que un síntoma. Ambas as dúas produtoras teñen proxectos en desenvolvemento e notan menos o parón da crise pero denuncian que hai produtoras que xa están a pechar.