O Festival Agustín Magán mide o traballo do teatro amador

Seis compañías presentan as súas apostas ata o vindeiro martes 11

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeTeatro
Compartir:

Comparten esa paixón polo teatro, porque é algo que fan de xeito voluntario, sen ánimo de convertelo nunha profesión. Os seis grupos seleccionados para a undécima edición do Festival Agustín Magán, exhiben obras para todos os gustos. NNC Teatro representa en Pim, pam, Clown!(6 de decembro), unha sátira sobre as incongruencias dos conflitos armados. Os asuntos do corazón serán o tema de Trécola Teatro na súa A historia do corazón reloxo (venres 7). Teatro Gargallada pon en Quimera, un xogo entre o real e o miaxinario. A programación pecha o martes 11 con Sánatos, unha obra sobre o paso do tempo.

Todas as función terán lugar ás 20:30 horas no Teatro Principal e teñen un custe de 3 euros. Este proxecto, que permite ver a saúde do teatro amador, é posible grazas ao concello de Santiago, a Agadic e a Federacion Galega de Teatro Afeccionado.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Concello de Santiago, Axencia Galega das Industrias Culturais