Máis festivais galegos quedan fóra das axudas do Ministerio de Educación

Cineuropa e Play Doc son as únicas citas que reciben subvención

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Secretaría de Estado de Cultura acaba de facer pública a relación de beneficiarios da segunda fase de axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos. Nesa listaxe só figura unha cita galega, Cineuropa, que recibirá 10.000 euros. No apartado de excluídos están o festival euroárabe Amal, o de Cine Internacional de Ourense, o de Cine Fantástico e de Ciencia Ficción da Coruña e o Culturgal. Deste xeito só dúas citas: Play Doc e Cineuropa recibirán axuda desta partida, cun total de 15.000 euros entre as dúas, lonxe dos 76.000 euros que o noso país recibiu para este fin en 2011.

A contía que o Ministerio de Educacion e Cultura destinou a organización de festivais e certames cinematográficos en 2011 foi de 1.650.000,00 (inicialmente convocara axudas por importe de 1.107.011 euros, pero a mediados de agosto incrementou as partidas en 500.000 euros). É un 60% máis que este ano, que destinou 795.000,00. Por iso, na propia resolución da convocatoria, o texto di “ao non contar coa suficiente cobertura orzamentaria para atender a todas as peticións, este Instituto unicamente pode conceder axudas aos Festivais que máis se axustan á maior puntuación”.

En 2011 en Galicia, Play Doc, Festival de Cans, Mestre Mateo, Curtocircuito, Amal e Cineuropa recibirán subvención, cun importe total de 76.000 euros, que este ano se ve reducida notablemente.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Educación, Ministerio de Educación...