Silvia Penide regresa con Animal de compañía

Os dez novos temas da cantautora presentaranse cun concerto no Culturgal

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Animal de compañía

Capa de Animal de compañía

O quinto disco de Silvia Penide está xa á venda. Animal de compañía está composto por dez temas nos que a cantautora, acompañada da súa banda Los Animales, amosa un son máis complexo e letras máis fondas. Segundo Penide, o disco evoluíu a partir da pintura de Tapiés e do traballo musical do brasileiro Hermeto Pascoal. Gravado ao vivo nos estudios Abrigueiro, con produción de Arturo Vaquero e a propia Silvia Penide, o disco preséntase ao público o 1 de decembro ás 18:30 no marco do Culturgal, en Pontevedra.

Na feira estará á venda tamén unha edición limitada que inclúe como agasallo un lenzo de 5x5 cm ao óleo de Roi Pardo. A peza é un fragmento dun grado no que o artista representa a propia cantante. A Ágora coruñesa acollerá a continuación da xira o vindeiro 22 de decembro.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silvia Penide, Culturgal, Pontevedra, Feira...