Silvia Penide autoedita o seu cuarto disco Las Erres dobles

O concerto estará complementado coa proxección de vídeos de Olaia Sendón

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Silvia Penide presenta hoxe en directo no Salón Teatro de Santiago o seu cuarto traballo de estudio, Las Erres Dobles, un E.P. de cinco temas gravado da man de Juan de Dios Martín, músico e produtor de recoñecidas agrupacións como Deluxe, Lovely Luna ou Albertucho, entre outros. A artista de Meicende inicia con este disco o camiño da autoedición tras tres álbums sacados de man do selo Falcatruada. A actuación enmárcase no ciclo ST Música Presente da Agadic e a artista de Meicende estará acompañada por unha banda e polas pezas audiovisuais de Olaia Sendón. O vindeiro día 6 terá lugar a presentación do videoclip na Fnac da Coruña e ese mesmo mes espera estar de xira por Galicia.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silvia Penide, Olaia Sendón, Juan de Dios, Teatro...