Silvia Penide estrea Todo pintado de plata

A Coruña acolle o concerto de presentación este sábado 23

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Silvia Penide estrea Todo pintado de plata

Logo de desenvolver con éxito unha campaña de crowdfunding, Silvia Penide presenta o seu novo álbum. Todo pintado de plata amosa unha evolución na carreira da cantatutora, que incorpora novos instrumentos e estará acompañada nos seus directos cun quinteto que inclúe piano, teclado e dúas guitarras á súa voz. O álbum gravouse en parte en The Magical Mystery Room de Celso Madriñán e mais nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero. A estrea do proxecto será este 23 de xaneiro no auditorio Afundación da Coruña, e o seguinte concerto está previsto para o 13 de febreiro en Ferrol.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silvia Penide, A Coruña, Afundación

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares