Tonhito de Poi volta con O soro da verdade

O libro-disco recolle a súa experiencia iniciática na Amazonia peruana

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de O soro da verdade

Capa de O soro da verdade

O soro da verdade é o título do novo proxecto de Tonhito de Poi. A amosar a súa experiencia vital e mística na Amazonia peruana, o artista de Ribeira publica un disco no que recolle fragmentos das cerimonias nas que participou, cánticos medicinais e sons da selva canda á creación musical do autor, que se achega ao estilo chill out ou á música de meditación. O disco incorpora un libro, Diario da viaxe cósmica á Amazonía, diario que escribiu o músico durante a súa experiencia, ademais poderá accederse a unha pista de vídeo con imaxes gravadas polo músico.

O proxecto darase a coñecer o vindeiro 18 de decembro cun concerto no Teatro Colón da Coruña, para o cal xa están á venda as entradas, e no que participará o chamán Ramón Peregrino, guía espiritual de Poi na súa experiencia.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Teatro, Teatro Colón da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares