O dramaturgo coruñés Raul Dans consegue o premio Born de Teatro

O premio está dotado con 14.000 euros e a publicación nos catro idiomas oficiais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Raúl Dans (A Coruña, 1964) xa sabía o que significaba conseguir A Musa, a estatuíña deseñada por Sebastiá Marquès que representa o Premi Born de Teatre. O primeiro galardón conseguiuno en 1997, aínda que daquela foi compartido con Gerard Vázquez. O segundo foi esta fin de semana, cun texto titulado Una corriente salvaje que o xurado valorou pola súa calidade literaria. Este galardón concédeo o Cercle Artístic de Ciutadella de Menorca está dotado con catorce mil euros mais a publicación da obra nos catro idiomas oficiais do Estado (catalán, galego, euskera e castelán).

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares